flor de toxo

Monday, May 14, 2007

A Tribu Dos Pés Susios
Hoxe voltando á casa no "anderjround", cando chegamos a Termini onde se baixa todo Dios, aproveitei e collín un dos tan prezados asentos pra poder ler con calma un libro do meu novo ídolo da literatura "anderjround"; Henry V. Miller. Aínda mancaban non sei cantas paradas ata a fuck-ultá, pero bastantes.Pra poñerme máis cómodo púxenme cun pé enriba do xeonllo da outra perna e como tiña as chancletas postas, mirei pra os pés e vin unha pequena aghlomerasión de roña nejra que asomaba pola ponte do pé. Isto soáme...hum. Curioso, curioso. Ghrasias a este indicio, caín na conta dunha gran verdá da cal uns decátanse cando fai calor, outros cando descansan de traballar, outros o 21 de xuño, outros cando teñen sede a cotío, e tamén seghuro haberá quen non se día de conta. A merda nos meus pés era un bio-indicador, equiparable a reghla das mulleres cada 28 días, as badaladas de fin de ano, ó Gayoso en Luar na TVG cada noite dos venres, o Super-Martes cada martes (ay non, que a Piñeiro xubiláronno o ano pasado...), ó Porta Portese os domingos, o bus 23 cada 10 min. (ja-ja)...e outras cousas períodicas da vida. Xa parezo o señor Miller con tanta enumeración barata. Pois a merdiña nos pés procedente das chanclas só podía ser "indicadora" dunha cousa. Tódolos anos a mesma "merda"...
Cheghou o vrán.
O viaxe a Belgrado, non puido ser, por culpa dos fillos da puta de UPS. Nada máis que engadir.
Botadelle un ollo o vídeo que se fixo o día da festa na nosa casa. Er Sesa dándoo todo. E nunca millor dito. http://www.youtube.com/watch?v=8ZUPzo8fiPY
P.D : ¿Alguén me pode dicir como se suben os vídeos do Youtube ó blog? Xa sei que son un pouco curto... A ver eses enxeñeiros...
Al Loro: Heredeiros Da Crus - " Recambios Tucho" -(Cansións Recauchutadas")
Xenial disco dos 5 tolos de Castiñeiras, no que versionan "Jalisian Estail" cancións glam dos '80. Entre elas atópanse o gran "Juele a Cona, Beibe" (original de Twisted Sister - "We are not gonna take it" ) que todos cantamos de cativos cando íamos "facer mal" por ahí cas bicicletas. Destaca tamén "Un velero llamado libertad" de J.L Perales, con algún que outro cambio na letra... Botádelle unha ollada se vos sale dos juevos. http://kamandula.pbwiki.com/HeredeirosDaCrusUnVeleroLlamadoLibertad

0 Comments:

Post a Comment

<< Home